en Galego
![]() |
| "bedside table", acrylic on canvas, 50x70cm, March 2006 "mesilla", acrílico sobre lienzo, 50x70cm, Marzo 2006 "mesilla", acrílico sobre lenzo, 50x70cm, marzo 2006 every scenery, more/ paisaje cotidiano, más/ paisaxe cotiá, máis |
| Os meus primeiros estudos artísticos foron na escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo, logo diso licencieime en Belas Artes pola universidade de Salamanca. Na Universidade do El País Vasco fixen os cursos de postgrado. Varias exposicións desde 1988 a hoxe mostraron a miña obra, entre as individuais compre destacar a participación este mismo año na Feira de Arte de Holanda (La Haya) e en salas de diversas cidades como Lugo, Santiago, Ferrol, Ourense, Betanzos, A Coruña , Bilbao... entre outras, tamén participei en exposicións conxuntamente con outros artistas, a miña obra viaxou desde París, Porto, El Salvador, Pamplona, Saraxevo, o Tarragona, chegando agora a Redondela. Obra en coleccións privadas e públicas ao longo dunha xeografía un tanto dispar, desde Nevada (USA) ao Museo Provincial de Ourense, Deputación de Lugo, un mural en El Salvador. Betanzos, Begonte o Cambre son concellos que teñen algunha obra. Puiden traballar tamén en proxectos de ilustración, tanto de libros infantis como xerais, carteis, humor gráfico... www.sabelaarias.com |
| Sabela Arias nace en Lugo o 24 de xullo de 1969. A súa primeira exposición é no ano 1988 na súa cidade natal, pero desde ese 1988, as súas pinturas van variando de paisaxe como a súa vida. Estuda en la escola de Artes Ramón Falcón, obtén a licenciatura na facultade de Belas Artes de Salamanca para proseguir los estudos de postgrado na Universidade do Pais Vasco . Este ir e vir supón unha influencia clara, marcado gusto por novas paisaxes, polo que podemos percorrer a súa obra como se fose unha viaxe. A búsqueda desta artista plástica é sen ningunha dúbida a cor, os eu espazo e a textura, na que o tema vóltase case que anecdótico caendo nun mundo de ríos de pigmentos case sempre na gama cálida. Nesta bagaxe descubre distintas técnicas e sensacións que van pouco a pouco fundíndose co seu eterno encarnado nos lenzos. Cuncas, torques, persoas, galerías, una descrición dunha sociedade que pasea diante de nós para que descubramos formas e cores. Vemos a través dos anos cambios nas temáticas, aínda que a súa investigación sempre vai ó redor da experiencia da cor e dos ritmos que xorden dentro do seu espazo. Ilustración, pintura, gravado, deseño, uso do espazo, podemos dicir que non lle importa nin a técnica nin o formato, que varía constantemente, a súa obra é una búsqueda de sensacións cromáticas puras. |
![]() |
| EXPOSICIÓNS INDIVIDUALES -2007 o "Quotidianos" Galería Sargadelos, novembro-decembro, Porto, Portugal o “Os moradores do intelecto” Mural en exterior, IES Maruxa Mallo, Ordes, A Coruña -2006-2007 o Galería Sol&Bartolomé, Santiago de Compostela, Deciembro-Xaneiro •2006 o Galería Sol&Bartolomé, Santiago de Compostela, Decembro o "galerías" Galería Campos das Redes no Edificio Multiusos na Xunqueira, Redondela, Outubro-Novembro. o Exposición Virtual, Museo Provincial de Lugo, Septembro. o Paisaxe cotiá, Casa da Torre, Redondela, Pontevedra, Xulio, catálogo. o Espazo de Arte Eurostar Ciudad de A Coruña, Maio-xuño •2005 o Mural IES Nº2 de Ordes o galerías. Ateneo ferrolán, Maio, Ferrol o Berros para a paz, IES Nº2, Ordes, Xaneiro, A Coruña, acompañados de publicación educativa. •2004 o Mosaico, para fachada do IES Nº2 de Ordes, A Coruña, Maio (con alumnado do centro) o Museo, Performance con alumnado de 1º da ESO. IES Nº2 de Ordes, A Coruña ,Maio •2003 o galerías, Edificio Arquivo. O Liceo, Xuño, Betanzos •2000 o Cúmulum, Exposición de ilustracións, Edificio de Usos múltiples da Xunta de Galicia, Lugo •1998 o Chuvias, brétema se outras veladuras atmosféricas. Ateneo ferrolán, Outubro, Ferrol o Debuxos para nen@s, Ateneo ferrolán, Outubro, Ferrol •1996 o Xoias de ouro prerromanas, Vanellus, Abril, Maio, Ferrol •1994 o Cuncas para unha taberna, Cazadores, Maio-Xuño, Ferrol o Volta ao mar, Casino Mugardés, Maio-Abril, Mugardos •1993 o As cuncas e o seu deseño, Deputación Provincial de Lugo, Decembro, Lugo o Galegos na emigración, Mazustegui,17-31 Maio, Bilbao •1992 o Un mural para unha aldea salvadoreña, Agosto, Guarjila (Chalatenango) (El Salvador, C.A.) •1991 o Os arcos milenarios, Deputación Provincial de Lugo, Decembro, Lugo o 20 Escaparates na cidade, Intervencións, Decembro, Lugo.Accésit de la Escola de Comercio de Lugo. o Encarnado sobre lenzo. Museo Municipal de Ourense, Setembro, Ourense. •1988/89 o Dvorak, Decembro-Xaneiro, Lugo EXPOSICIÓNS COLECTIVAS -2008/2009 o "Proxecto "Abertal" Museo Provincial de Lugo, do 4 de marzo de 2008 ao 4 de marzo de 2009, Lugo -2008 o "Afurancharte" xuño-agosto, Redondela, Pontevedra -2007 o The Blackwash Televises Art Gallery, Harlem, outubro-novembro, Nova Yorke, EE.UU. o "Iberoamericans Fine Artits in New York" Jadite Galleries, setembro, Nova Yorke, EE.UU. o Théâtre National de Chaillot - Paris, premios de cine corto " Les Lutins " Junio, París-Francia o Théâtre National de Chaillot - Paris, na entrega de premios de cine corto " Les Lutins " Xuño, París- Francia o Filo café, Presenzas e Ausenzas, Marzo, Porto, Portugal o Sala de exposicións Araguaney, Marzo, Santiago de Compostela o Palacio de Pimentel, Deputación Provincial de Valladolid, Xaneiro-Febreiro, Valladolid •2006 o Exposición dos fondos do Ateneo Ferrolán,Outubro-Decembro. o Cambio CliARTico, Xuño, Córdoba, catálogo o Os Dias Da Criação, mayo, Em Trás-Os-Montes, (Portugal) o Fair Holland Art, Abril La Haya, Holanda.(NL) •2005/2006 o “José Domínguez Guizan” Begonte, Lugo, primeiro premio •2005 o Carteis seleccionados San Fermín 2005, Pamplona •2004/2005 o Espazo SINO, Decembro 2004- Xaneiro 2005 Santiago de Compostela. o Colectiva, Ateneo ferrolán, Decembro 2004- Xaneiro 2005, Ferrol •2004 o Balconadas, artista seleccionada, Xullo-Agosto, Betanzos, A Coruña. catálogo o Exposición de Arte e Artesanía, Galería de arte, Bergondo, A Coruña •2003 o Anciás do mundo, Sala de Exposicións Edif. Administrativo da Xunta de Galicia, Decembro, Lugo. o Antigos alumnos da E. AA. AA. e OO. AA. Ramón Falcón, Sala Uxío Novoneira. Catálogo, Lugo •2002 o Balconadas, artista seleccionada Xulio-Agosto, Betanzos, A Coruña, catálogo •1995 o Costas Atlánticas, Galería da Calçada, Febreiro-Marzo, Porto, (Portugal) •1994 o Bosnia Herzegovina Ferida Oberta, Abril, Catálogo, (Saraxevo) o Bosnia Herzegovina Ferida Oberta,Talleres del Sol, Mostra de Arte Postal, Marzo, Tarragona o Segundo Certamen Cidade de Lugo,Museo Provincial de Lugo, Xaneiro, catálogo, Lugo •1993 o Certamen Cidade de Lugo, Museo Provincial de Lugo, Xaneiro, Catálogo, Lugo •1992 o Exposición de videoarte, BBV, Catálogo Bilbao o Mostra de Pintores Galegos, Casa da Cultura, Marzo, Vilalba, Lugo o Premios Ciudad de Palencia de Artes Plásticas, Xaneiro, Palencia •1991/1992 o José D. Guizán, Diciembre-Enero, Begonte, Lugo •1991 o 8º Certame de Pintura Concello de Cambre, Decembro, Catálogo, Cambre, A Coruña. Accésit o 1ª Mostra Fotográfica Cidade de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, Decembro, Lugo o Colección do Museo Provincial de Ourense, Museo Provincial de Ourense, Ourense o Mostra UXT, Outubro, Lugo Arte y Ordenador, Museo Salamanca, Setembro, Salamanca o En Blanco, Círculo de las Artes, Setembro, Lugo o Gráfica 91, Agosto, Betanzos, A Coruña o 1ª Muestra de Pintores Jóvenes/ Jeunes Peinares, Liceo Español de París, Xuño, París (Francia), catálogo o Exposición de gravados de alumnos de 5º curso de BB.AA. Museo Salamanca, Xuño-Xullio, Salamanca o Pezas del curso Sargadelos 91, Escola de Tecnoloxía e Taller Libre, Sargadelos, Cervo, Lugo •1990/1991 o Certame de Artes Plásticas “Xuventude 90”, Exposición itinerante. •1991 o José D. Guizán, Decembro-Xaneiro, Begonte, Lugo o 7º Certame de Pintura Concello de Cambre, Decembro, Catálogo, Cambre, A Coruña •1989 o Banco Gallego, Marzo, Lugo. OBRA EN Ateneo ferrolán Concello de Betanzos Concello de Begonte Concello de Cambre Concello de Lugo Coleccións Privadas Chalatenango, El Salvador Deputación Provincial de Lugo Galería Campo de Redes, Redondela Galería da Calçada, Porto, Portugal Galería Esmelgar, arte y comunicación, Lugo Galerías Sol&Bartolomé, Santiago de Compostela IES Nº2 de Ordes Museo Municipal de Ourense Museo Provincial de Lugo The Blackwash Televised Art Gallery, Nova Yorke, EE.UU. ILUSTRACIÓNS •"Historias de Icía e Avoa" Publicadas no xornal "Tierras de Santiago" de Santiago de Compostela a partires do 26 de Setembro de 2006. •Cartel "8º Encontros Micolójicos Transmontanos" Tras-Os-Montes, Portugal •Debuxo para o Globo de Betanzos, Agosto 2006, Betanzos •"Historias de Icía e Avoa" humor gráfico www.galiciadigital.info , 2006 •Debuxo para o Globo de Betanzos; Agosto 2005,Betanzos •Cartel “XVII Festa do Champiñón” Ordes 2005 Primeiro premio •Debuxo para o Globo de Betanzos; Agosto 2004,Betanzos •Bibliografía de Manuel María, Citania •Debuxo para o Globo de Betanzos; Agosto 2003, Betanzos •Píntome de Cores, texto e ilustracións, Ed. Citania 1999 •www.galiciadixital.net, ilustracións para a web, 1999 •Disco “Namórate da vida”, Quenlla; Ilustración da Portada •Cantos Coplas e Romances de Cego, recompilación de Mini y Mero. Cartelóns e ilustración de portada y 2 CD´s; Ophiusa •Cantos Coplas e Romances de Cego II Recompilación de Mini y Mero. Cartelóns e ilustración de portada y 3 CD´s, Ophiusa •Athenea, Revista del Ateneo ferrolán. Ilustracións infantís •Andaina, Nº10, Santiago 1994 •O Xistral, Nº 20/22 e 28, Baracaldo, Vizcaya •R. Barrio, X Torre para os días, 1991 •Crónicas de Palacio, Ano IV, Nº12, Novembro 1991, Salamanca •Cartel “Día da muller”, Varias organizacións 2000 •Premio del Cartel “San Froilán 1997” 1º Premio e publicación do mesmo •Cartel para “XI Mostra de teatro infantil galego Xeración Nós” •Deseño del cartel “1992/2492 Por 500 años de solidaridad liberadora” Bilbao 1992 •NUNCA MÁS Traballo de ilustración e fotográfico sobre las resolucións de la Comisión da Verdade en El Salvador •Talleres artesanais; Creación de talleres en comunidades de repoboación salvadoreñas en Guarjila, Los Ranchos, San José de las Flores (Chalatenango) El Salvador. TEATRO •"idiosincrasia" obra de Sabela Arias, representada por primeira vez polo grupo de teatro Comecastañas LIBROS •"Píntome de cores" Coñecemento da cor Citania 1999 •"Historias de Icía e Avóa" banda deseñada www.galiciadixital.com 2006 |
![]() |
| E logo de ver todos estes cadros achégaste para preguntarme que qué é para min este tono encarnado, vermello... E a verdade é que non podo dicir que para a miña forma de ver o mundo esta tonalidade poda significar nada novo para ti, porque “Sorgo rojo” é unha película que sempre recordo con cariño, ou que sexa a cor escollida pola coca-cola. O encarnado é a cor do sangue virxinal, da inocencia. É a cor do nacemento, da morte violenta, o encarnado e a cor do viño tinto, do stop e do prohibido. A cor da froita madura. Un punto de atención na bandeira nipona o dos servilleteiros dos bares. A cor nas unllas dunha muller atrevida e, se cadra, tamén nos seus beizos. Eses ritmos encarnados resultan cambiantes, case que acuáticos, con movemento pola disposición e pola violencia propia da cor. Así son os campos de papoulas e os ramos dos días dos namorados. De encarnado é a cor do matásellos de URXENTE, a cor do boli que cando éramos pequenos facía as respostas no colexio. Encarnados son os anagramas dos supermercados, a “caja roja” de bombóns. A mercromina que pinta as feridas dos parques, encarnada era tamén unha chaqueta de cremalleira e unha diadema preciosas que recordo dos meus seis anos. Os corazóns que se debuxan nas carpetas adolescentes. Os camións de bombeiros. As alarmas, os extintores. A luz de que xa non tes batería, o ceo do verán, a urticaria, o dous-cabalos de mamá. Supoño que o encarnado é solo unha cor, na que resulta demasiado fácil entrar e imaxinar miles de texturas, de ritmos no lenzo, e logo de estar tanto tempo véndoo ese xeito de imperativo vólvese un pouco máis amable e moito máis habitual. Nunca pensei en que significaba para min estes encarnados, simplemente me atraen os seus ritmos, e tras tantos anos segue a sorprenderme e iso me gusta do encarnado, iso e que o encarnado e simplemente unha cor. E iso e moito. Sabela Arias |




